Benvidos a renovada web da Federación Galega de Motociclismo. Dende que se iniciara a posta en marcha desta web mantivo o mesmo deseño por considerar a sua funcionalidade e o fácil manexo para os usuarios. Mais co transcurso do tempo compre ir evolucionando e adaptándose os tempos. Polo que dende esta semana a web conta cun novo servizo que ofrece mais comodidades e facilidades: o comercio electrónico. Mecanismo que permite realizar os pagos (inscricions, licenzas, etc.) directamente dende esta web sen necesidade de ter que desprazarse a unha entidade bancaria. Ainda que se manterá a posibilidade de facelo como ata agora, para que aquelas persoas que non dipoñan de acceso ou conexión a internet non teñan dificultades. Mantendo a mesma funcionalidade e facilidade de acceso, aproveitamos esta actualización para renovar e modernizar o deseño da web que esperamos sexa do agrado de todos.
Últimas noticias, crónicas carreiras, cambios calendarios, circulares, actualización constante da información útil aos nosos federados.
Navega polas galerías fotográficas dos campionatos galegos de motociclismo. Fotos das competicións celebradas facilitadas polos organizadores.
Ninguén quere ter un accidente, pero debes coñecer o procedimento en caso de accidente deportivo. Podes consultar tamén o listado de centros concertados.
Consulta o regulamento da tua especialidade, é fundamental coñecer ben as normas das competicións nas que compitas.
Consulta aqui os calendarios das diferentes modalidades, continuamente actualizados, a través deles poderás descargar información e documentación relativa a proba, lista de inscritos (consulta o estado da tua inscrición e subsana calquera incidencia) , clasificacións xerais do campionato e de cada carreira, horarios de verificacións, entrenos e carreira, e toda a info que o clube organizador facilite, como accesos recomendados, hoteis recomendados, etc.
Xa está aquí esta posibilidade tan demandada. Podes pagar as tuas inscricións, licenzas, seguros de saída ao extranxeiro e demais trámites coa FGM a traves do pago online. Accede dende aquí ao pago con tarxeta de crédito/débito das tuas inscricións, licenza, seguros no extranxeiro, etc. Recorda que tes que estar rexitrado como usuario para poder facelo, crea a tua conta cos datos da licenza e xa poderás acceder a este servizo.
A través do pago online poderá facer os seus trámites de pago coa FGM comodamente cunha tarxeta de crédito/débito sen ter que desprazarse a unha oficina bancaria. Rexistrate como usuario.
¡Visítela!