REGULAMENTO DEPORTIVO
A Federación Galega de Motociclismo convoca o Campionato Galego de Velocidade de Scooter 2012 que se rexerá polo seguinte regulamento:
1. REGULAMENTOS. Os regulamentos particulares de tódalas competicións puntuables para este campionato deberán ser enviados a F.G.M. para a súa aprobación, como mínimo, cun mes de antelación a súa realización, xunto cos permisos ou autorizacións correspondentes (Concello, Comunidade de Montes, propietarios do circuito, etc.). Toda aquela competición da cal non se reciba o seu regulamento nese prazo poderá considerarse suspendida. e segundo acordo da asamblea xeral do 22/01/00 perderá o aval ou garantía, así como as posibles subvencións por organizar probas dos campionatos galegos. A todas as probas suspendidas serán cargados dereitos dobres. A Comisión Delegada será a encargada de designar a organización da competición reserva.
Os organizadores deberán enviar á F.G.M., conxuntamente co regulamento, un plano a escala do circuíto onde se farán consta-las medidas de seguridade tales como, valados metálicos, balas de palla, cinta de seguridade, ubicación de ambulancias e bandeiras.
Os circuitos onde se realicen as probas deberán contar coa inspección dunha comisión técnica da F.G.M., previa a aprobación do regulamento.
2. INSCRICIÓNS. O prazo de admisión das inscricións para as probas puntuables pecharase definitivamente 10 días antes da data da competición. As inscricións deberán formalizarse nos boletíns que subministra a F.G.M. ou o club organizador e remitiranse á F.G.M. antes de dito prazo xunto có importe correspondente. O importe dos dereitos de inscrición para as probas será de 50 euros, incluida a compensación económica de 3 euros destinada a creación dun fondo para reposición e renovación de transponders. Poderán participa-los pilotos inscritos fóra de prazo, abonando os dereitos dobres (100 euros) e puntuarán tanto para a clasificación da competición como para a clasificación do campionato.
Un piloto inscrito nunha competición e que non poida participar nela está obrigado a comunicalo á F.G.M. tan pronto como sexa posible, coa xustificación correspondente e por escrito. Neste caso terá dereito a devolución do importe. Se incumpre este procedemento aplicarase o art. 92 do Regulamento deportivo da F.G.M.
Poderán ser rexeitadas todas aquelas inscricións de pilotos que participen en competicións prohibidas e que non teñan o regulamento aprobado pola F.G.M., segundo os artigos 25 e 91 do Regulamento Deportivo da F.G.M. Os pilotos son os responsables de comprobar que a competición na que participan está regulamentada e aprobada pola F.G.M.
Poderán participar en calidade de *PILOTO CONVIDADO, pilotos con licencia homologada RFME doutras comunidades autonomas, con dereito a podium e trofeo pero sen optar a puntos nen a figurar na clasificación do Campeonato Galego. Deberán enviar a inscrición e o xustificante do pago con 10 días de antelación a FGM ou pagando dereitos dobles ata 2 días hábiles antes da proba (para que a FGM poida comprobar se teñen licenza vixente). Non serán admitidas inscricións o mesmo día da proba e a federación reservase o dereito de rexeitar as inscricións nas probas con prazas limitadas.
3. LICENZAS. Poderán participar pilotos coa licenza da F.G.M. do ano en curso, da clase Velocidade das categorias Cadete, Junior ou Senior. Os pilotos so poderán participar nunha categoría por proba.
Poderán participar en calidade de invitados, pilotos doutras comunidades con licencia homologada RFME sempre que realicen a inscricion conforme o art. anterior, con dereito a trofeos da proba pero non clasificarán para o Cto. Galego.
4. CATEGORIAS E MOTOCICLETAS ADMITIDAS. Cada participante solamente poderá presentar a verificar un scooter.
CATEGORÍA SCOOTER F-70. Poderán participar nesta categoría scooter cunha cilindrada de ata 70 c.c. e con transmisión automática, sen cambio de velocidades, segundo o Regulamento técnico.
5. MÍNIMO DE COMPETICIÓNS PUNTUABLES. Este campionato será considerado válido coas probas que se disputen.
6. MÍNIMO DE PILOTOS. Para realizar as probas teñen que estar inscritos en prazo e forma un mínimo de 10 pilotos da mesma categoría, e 8 pilotos para sair o día da proba.
Para que unha proba sexa considerada puntuable deberá reunir en cada categoría polo menos a tres pilotos, que deberán toma-la saída, como mínimo, nos adestramentos.
7. ADESTRAMENTOS. En cada proba haberá un mínimo de 15 minutos de adestramentos libres por categoría.
Os adestramentos clasificatorios, obrigatorios para participar na proba, consistirán no caso de dispoñer de sistema de cronometraxe por transponders en dez minutos cronometrados dos que se obterá a volta mais rápida de cada piloto, e clasificaranse para a saida da proba polo tempo da sua volta mais rápida, ata un máximo de 25 pilotos. En caso de non poder utilizar este sistema de cronometraxe consistirán en duas voltas cronometradas e clasificaránse pola volta máis rápida Os pilotos so serán admitidos para saír en competición se o seu tempo de cualificación non excede nun 15% ó mellor tempo do primeiro clasificado da súa clase nos adestramentos cronometrados. Aqueles pilotos que non se clasifiquen para participar na competición polos tempos dos adestramentos cronometrados e que completaran un mínimo de cinco voltas entre os adestramentos libres e os clasificatorios, poderán solicitar o xurado ser admitidos excepcionalmente a sair na proba.
8. CARREIRAS. En cada proba disputaranse duas mangas por categoría de 15 mínutos máis dúas voltas. A saída darase co motor en marcha, as motos colocadas na grella e sen axuda exterior. A penalización por adiantarse o sinal de saida será de 1 volta. A clasificación final de cada proba será a suma de puntos obtidos nas duas mangas da competición, de maior a menor, independentemente de que un piloto se clasifique ou non nunha das mangas. Nos casos de empate nas competicións puntuables resolveranse a favor do piloto que realizase o mellor posto nunha das mangas. Se a igualdade persiste, será determinante o resultado da última manga.
Se o director de carreira decide interromper unha carreira por razóns metereolóxicas ou doutro tipo, presentaranse bandeiras encarnadas na liña de saida e acenderase o semáforo vermello situado na pista. Os pilotos deben minora-la sua marcha inmediatamente e volver ós boxes. Os resultados de carreira serán os rexistrados xusto na última volta, no momento en que tódolos pilotos presentes na proba efectuasen a última volta completa anterior á presentación da bandeira encarnada. Se se debe dar unha nova saída, esta efectuarase o máis rapidamente posible, sempre que o estado da pista o admita. En canto os pilotos regresen a boxes, o director de carreira anunciará unha nova hora para iniciar ó novo procedemento de saída, que se as condicións o permiten, non debe exceder de 20 min. dende a presentación da bandeira encarnada. Os resultados da primeira carreira deberán estar a disposición dos pilotos antes de darse a segunda saída. O procedemento de saída será idéntico ó dado a primeira vez (volta de recoñecemento).
Se os resultados mostran que o piloto cabeza de carreira e tódolos demais pilotos que van na mesma volta efectuaron menos de tres voltas, a proba considerarase nula e poderá iniciarse de novo. Neste caso tódolos pilotos poden toma-la nova saída, pódense reparar as motos, a duranción da carreira será a inicialmente prevista e as posicións na grella serán as previstas ó principio. Se non for posible recomezala, anularase e non terá validez.
Se o piloto de cabeza de carreira e o resto dos pilotos que van na mesma volta cumpriron tres ou máis voltas, pero menos das dúas terceiras partes da distancia inicial a que estaba prevista (redondeadas ó número enteiro de voltas inferior), darase unha nova saída. Para o resultado final da proba sumaranse os tempos e as voltas das dúas carreiras. Neste caso só os pilotos clasificados na primeira carreira poderán tomar parte na segunda, pódense reparar as motos, a duración da seguinte carreira será a que falte para totaliza-lo tempo inicialmente previsto, as posicions na grella de saída serán as atribuidas segundo os resultados da primeira carreira, e o resultado final basearase na suma dos resultados de cada carreira. En caso de empate o resultado da última carreira será decisivo. Se non for posible efectua-la segunda saída, os resultados da primeira serán válidos pero só se atribuirán á metade dos puntos previstos.
Se se cumpriron máis das dúas terceiras partes da distancia total prevista na carreira (redondeadas ó número enteiro de voltas inferior), esta considerarase completa e atribuiranse tódolos puntos.
9. CLASIFICACIÓN PARA O CAMPIONATO. Para a clasificación do campionato sumaranse os puntos optidos en todas as mangas disputadas en cada categoría, adxudicaránselle 25 puntos ó primeiro, 20 ó segundo, 16 ó terceiro, 13 ó cuarto, 11 ó quinto, 10 ó sexto, 9 ó sétimo, 8 ó oitavo, 7 ó noveno, 6 ó décimo, 5 ó décimo primeiro, 4 ó décimo segundo, 3 ó décimo terceiro, 2 ó décimo cuarto e 1 ó décimo quinto, en cada unha das duas mangas disputadas.
Para a clasificación final do campionato serán sumados os puntos conseguidos por cada piloto en tódalas probas celebradas, non será desbotado ningún resultado.
Para clasificarse nunha competición será indispensable realizar, como mínimo, o 75% das voltas percorridas polo primeiro clasificado, ademais de pasar pola liña de meta nos 2 minutos seguintes á chegada do vencedor.
No caso de empate na clasificación final do campionato resolverase a favor do piloto que obtivese maior número de primeiros postos, de persisti-lo empate, polo número de segundos e así sucesivamente. Se se mantén será determinante o resultado da última manga puntuable na que participaran conxuntamente os pilotos en cuestión.
10. VERIFICACIÓNS. Nas verificacions administrativas de cada proba os participantes deberán entregar a sua licenza polo transponder que se entregará para colocar na motocicleta que verifique, momento en que o piloto (ou seus pais ou titores no caso dos menores) é o responsable do extravío, perda, sustración ou deterioro do transponder que deberá devolver, no mesmo estado en que lle foi entregado, dentro da media hora seguinte do remate da proba para recuperar a sua licenza. No caso de incumprimento desta norma e sempre que devolva o transponder no prazo dunha semana, o piloto deberá facer efectiva unha compensación económica a Federación de 100 euros, para poder ser admitido en calquera outra competición. Se non devolve o transponder no prazo dunha semana ou se ocasione danos no mesmo, deberá aboar o valor total do transponder (200 euros), como requisito para poder participar en calquera outra competición. Se non devolve o transponder no prazo dunha semana. As cantidades sinaladas anteriormente establecense como compensación aos perjuicios ocasionados. O retraso ou incumprimento na correcta devolución do transponder poderá dar lugar á apertura de expediente disciplinario.
Antes de tomar parte nos adestramentos libres, oficiais e carreiras, as motos serán verificadas de acordo co Regulamento técnico do campionato, así como a indumentaria dos pilotos. Os comisarios técnicos poderán verificar de oficio as motos que consideren oportuno.
A organización, se o considera necesario, poderá reter unha moto participante co fin de verificala de forma precisa, ata 72 horas hábiles despois da carreira.
As verificacións administrativas e técnicas terán lugar durante a hora anterior ó comezo dos adestramentos libres.
Briefing: despois das verificacions realizarase un briefing de asistencia obligatoria para todos os pilotos nas competicions que sexa necesario. Os pilotos teñen que asinar a folla de asistencia ó briefing, sendo a penalización por non asistir de 30 euros, que terán que pagar para poder participar na proba.
Dende as verificacións técnicas ata o final da proba, as motos participantes deberán permanecer en boxes, podendo únicamente saír á pista para realiza-los correspondentes adestramentos ou mangas da competición. O imcumprimento desta norma poderá ser motivo de exclusión.
Unha vez rematada a última manga as motos participantes deberán permanecer media hora no parque pechado por se tivese lugar algunha reclamación. O piloto que se opoña a somete-lo ciclomotor á verificación final dunha proba será excluído de todo o Campionato.
A penalización por non cumplir có Regulamento Técnico será a desclasificación da proba e a non admisión da inscrición para a seguinte competición do Campionato que se celebre.
Cada participante solamente podrá presentar a verificar un ciclomotor por cada categoría.
11. INFRACCIONS E SANCIONS. Considerase infracción o acto voluntario ou involuntario, realizado durante o transcurso dunha competición e contrario ós regulamentos en vigor ou as ordes dadas por un oficial responsable da competición. Tamén os actos de corrupción, fraude ou calquera outra acción que perxudique ós intereses da competición, participantes ou deporte en xeral. Durante o transcurso dunha competición o xurado ou arbitro, directamente ou a proposta do director de competición ou de calquer oficial autorizado pola federación competente pode impoñe-las seguintes sancións: advertencia, multa, penalización de tempo ou voltas, desclasificación, exclusión e descualificación segundo o regulado nos artigos 110 e 111 do regulamento deportivo. Poderán ser motivo de sanción todalas aquelas faltas recollidas no Regulamento deportivo da F.G.M., no seu anexo de Velocidade, neste regulamento do Campionato ou no Regulamento Disciplinario. As sancións por infraccións cometidas polos acompañantes dos pilotos recaerán sobre os propios pilotos.
12. RECLAMACIONS. Calquera reclamación contra o desenvolvemento da proba ou da conducta doutro piloto deberá facerse por escrito acompañada de 90 euros dentro da media hora seguinte ó término da proba.
Calquera reclamación contra a clasificación da proba deberá facerse por escrito acompañada de 90 euros dentro da media hora seguinte á publicación desta.
Calquera reclamación técnica contra unha motocicleta deberá facerse na media hora seguinte ó remate da proba, por escrito e xunto cunha fianza de 150 euros.
Se se comprobase a veracidade dunha reclamación, o importe será devolto, no caso contrario será retido e enviado á F.G.M.
As reclamacións entregaranse en man ó director da competición ou árbitro, acompañadas da fianza correspondente e asinada unicamente pola persoa directamente afectada. Non poderá referirse a máis dun tema por reclamación.
Os pilotos participantes están obrigados a desmonta-los órganos mecánicos da súa moto diante do comisario técnico se houbese unha reclamación (neste sentido) doutro participante ou por verificación de oficio. A desmontaxe tamén poderá ser realizada por un mecánico do propio piloto.
13. PREMIOS. O club organizador de cada proba está obrigado a entregarlles trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría.
14. DIPLOMAS E TROFEOS: O final do Campionato a Federación Galega de Motociclismo outorgaralles os seguintes premios por categoría:
ó piloto campión: DIPLOMA e TROFEO ó club/escudería campiona: DIPLOMA
ó piloto subcampión: DIPLOMA e TROFEO á marca campiona: DIPLOMA
ó piloto terceiro clasificado: DIPLOMA
Todo aquel piloto que se clasifique nunha das tres primeiras posicións nunha competición ou nun campionato, está obrigado a asistir á entrega de premios. O incumprimento inxustificado desta norma producirá a perda do premio ou trofeo correspondente.
De non poder asistir por algunha causa xustificada deberá comunicalo ó organizador e ó presidente do xurado. O incumprimento desta norma, ademais de significa-la perda do premio ou trofeo correspondente, producirá a perda dos puntos acadados nesa proba para o campionato.
15. CAMPIONATO DE CLUBS, ESCUDERÍAS E MARCAS: As puntuacións finais no campionato dos dous mellores pilotos de cada club, escudería ou marca serán sumadas para determinar a qué entidade se lle entrega o Diploma acreditativo deste campionato.
16. APRAZAMENTO DE COMPETICIÓNS: Os aprazamentos das competicións deberán ser solicitados por escrito cun mes de antelación, como mínimo, indicando os motivos e a nova data de realización da proba, que terá que ser obrigatoriamente anterior á penúltima carreira do campionato. No caso contrario quedará definitivamente anulada, e segundo acordo da asamblea xeral do 22/01/00 perderá o aval ou garantía, así como as posibles subvencións por organizar probas dos campionatos galegos. A todas as probas suspendidas serán cargados dereitos dobres. A Comisión Delegada será a encargada de designar a organización da competición reserva.
NOTA: O que pola súa extensión non se recolla no regulamento deste campionato, rexerase polo Regulamento deportivo da F.G.M. e o seu anexo de Velocidade.
A interpretación deste regulamento corresponde o xurado da proba e a Comisión Delegada da F.G.M.
REGULAMENTO TÉCNICO
MODIFICACIÓNS OBRIGATORIAS PARA TÓDALAS CATEGORÍAS
- Suprimi- los pedais, cabaletes e patas, a óptica dianteira e os espellos retrovisores.
- Tódolos tapóns de vaciado e enchido do circuíto de engraxe, filtro/s de aceite e o circuíto hidráulico de freos deben ser precintados cun arame de seguridade.
- Como elemento refrixerante autorízase únicamente o emprego de auga, sen ningún tipo de aditivo.
- Obligatoriedade de levar recuperador de líquidos.
MODIFICACIÓNS OPTATIVAS PARA TÓDALAS CATEGORÍAS
- Poderanse desmontar intermitentes e pilotos traseiros.
- Poderase desmonta-lo eixo e cadea do sistema de pedais.
CATEGORÍA SCOOTER F-70.
- Admitiranse calquer scooter homologado en España con cilindrada máxima de 70 c.c. e con transmisión automática, sen cambio de velocidades.
- Admitirase calquera modificación en cárteres, admisión, acendido e demais partes mecánicas, así coma no apartado de chasis, rodas, suspensións ou freos; sempre que manteña a carrocería do modelo de orixen.
- Limitarase a participación daquelas motos das cales a construcción non cumpra os requisitos de seguridade mínimos establecidos polos comisarios técnicos.
- Prohíbese a utilización de neumáticos slicks
PLACAS PARA OS NÚMEROS
Os ciclomotores deberán levar obrigatoriamente placas para os números, colocadas unha no frontal e unha en cada lateral.
CORES, PLACAS E NÚMEROS:
SCOOTER F-70 fondo NEGRO números BRANCOS
As medidas mínimas recomendadas para os números son de
INDUMENTARIA
É obrigatorio o uso de: casco homologado, mono de coiro ou similar, botas e guantes. Esta indumentaria presentarase obrigatoriamente na verificación do scooter.
CTO. GALEGO VELOCIDADE MINI GP 70 / TROFEO GALEGO MINI GP 50
Convócase o Cto. Galego Velocidade MiniGP 70 e o Trofeo Galego de Velocidade MiniGP 50 que se disputará nas mesmas datas e circuitos das probas do Cto. Galego de Velocidade Scooter:
Participantes admitidos:
MiniGP50: pilotos de 6 a 11 anos (Alevins)
MiniGP70: pilotos de 11 a 16 anos (Xuvenis, Cadetes e Junior ata 16 anos)
Mangas e duración: duas mangas de 12 minutos + 2 voltas.
Inscricions: igual que no Cto. Galego de Velocidade Scooter.
Regulamento Técnico MiniGP 70:
Admitirase calquer moto de competición comercializada en España e destinada a rodar en asfalto cunha cilindrada máxima de 70 c.c. (+ 2%) de dous tempos.
As motos comercializadas para competición deberán ser de serie e se permitirán as seguintes modificacions:
- Encendido libre.
- Llantas de serie (sin alixeirar), con neumáticos libres, excepto sliks e peludos (non se consideran neumáticos peludos os de venda ao público, con maior debuxo para evacuar auga). Permitiranse neumáticos raiados
- Freos de libre preparación (bomba, pinza, latiguillos, pastillas, discos)
- Cilindro, culata e pistón de venda ao público, sen limar, planificar nin pulir. Non se permiten modificacións.
- Cegoñal libre.
- Embrague libre
- Os cárteres serán de serie, sen modificar nin pulir.
- Sistema de escape de libre elección.
- Caixa de láminas de libre preparación
- Diámetro máximo difusor do carburador
- Relación de cambio libre (eixo primario e secundario) e desenrolo final libre
- Amortecedor traseiro libre
- Suspensión dianteira de serie con modificacions.
- Manterase a estética orxinal da moto.
Anexo Regulamento para MiniGP 50:
A cilindrada máxima e de 50 c.c
Diámetro máximo difusor do carburador será de
Todo o demais igual que MiniGP 70
Nas modificacions obligatorias para todalas categorías que se especifican no regulamento técnico o segundo apartado quedará como segue:
Tódolos tapóns de vaciado e enchido do circuíto de engraxe, filtro/s de aceite e o circuíto hidráulico de freos deben ser precintados segundo considere o comisario técnico (arame de seguridade, silicona, etc.).


