Prezos de Licenzas e trámites solicitudes

 

TARIFAS PREZOS DE LICENZA 2013
         
CATEGORÍA   FGM   RFME
         
 SENIOR   230 €   349 €
 JUNIOR   220 €   309 €
 CADETE   0 €   255 €
 XUVENIL   0 €   190 €
 ALEVIN   0 €   180 €
 VETERANOS   235 €   349 €
 TURISMO   175 €   240 €
 SO TRIAL ADULTO   175 €   210 €
 SO TRIAL CAD-XUV   0 €    
 SO TRIAL ALEVIN   0 €    
 UNHA COMPETICIÓN CTOS.   95 €   232 €
 SEAREIROS (*NON COMPETITIVA)   110 €    
 SEAREIROS UNHA PROBA   25 €    
 ACREDITACIÓN MECANICO   100 €   128 €
 ACRED. MOCHILEIRO   100 €   128 €
 ACRED. TUTOR MENORES   GRATUITA
 CARGO OFICIAL   105 €   178 €
 SEGURO SAIDA EXTRANXEIRO   0 €   95 €
 DUPLICADO LICENZA   12 €   13 €
         
 COTA ANUAL MOTO CLUBE   121 €   142 €
         
 DEREITOS DE INSCRICIÓN   FGM   RFME

 

DESCARGA BOLETIN SOLICITUDE LICENZA - DESCARGA TIPO FORMULARIO

-

DESCARGA AUTORIZACIÓN MENORES

 

PARA FACER PAGOS LICENZA: INGRESO EN CONTA BBVA 0182 5636 97 0010300075

--

  Todas as licenzas deberán vir tramitadas co boletín de solicitude cuberto e selado polo moto clube que se tramita, acompañada da fotocopia do DNI ou carnet de conducir:

 
Licenza Categoría "SÉNIOR":
 
Expedirase previa cumprimentación dos trámites regulamentarios, aos pilotos que a soliciten despois de estar un ano en posesión de Licenza Júnior, ou aqueles pilotos que estiveron en posesión da licenza Júnior 3 anos.
 
Licenza Categoría "JÚNIOR":
 
Expedirase previa cumprimentación dos trámites regulamentarios, aos pilotos a partir de 15 anos cumpridos. Os menores de 16 anos deberán tramitar obrigatoriamente ACREDITACION DE RESPONSABLE DE MENORES, a licenza Júnior poderase sacar un máximo de tres anos.
 
Licenza Categoría "VETERANO":
 
Expedirase previa cumprimentación dos trámites regulamentarios, aos pilotos que cumpran os seguintes requisitos:
 
·    VETERANO TRIAL (TR+35): Nacidos en 1978 e anteriores.
·    VETERANO MOTOCROS: Nacidos en 1977 e anteriores.
·    VETERANO ENDURO: Nacidos en 1978 e anteriores.
.    TROFEO MASTER ENDURO: Nacidos en 1968 e anteriores.
 
 
Licenza Categoría CADETE-XUVENIL-ALEVIN:
 
Expedirase, previa cumprimentación dos trámites regulamentarios aos pilotos que a soliciten, previa presentación do Certificado Médico de aptitude física e autorización paterna por escrito e coa asinatura recoñecida. Obrigatorio estar en posesión de DNI.
Os pilotos con licenza Cadete, Xuvenil e Alevín terán limitada a sua participación a competicións que se celebren en circuitos fechados e que sexan exclusivas para a sua categoría.
Todolos pilotos destas categorías deberán tramitar coa sua licenza obrigatoriamente a ACREDITACIÓN DE RESPONSABLE DEPORTIVO DE MENORES.
 
As licenzas REXIONAIS FGM (So válidas para Galicia) para os pilotos entre 6 e 16 anos serán gratuitas grazas a colaboración coa SXD da Xunta de Galicia a través do programa XOGADE. Estas licenzas non son homologables pola RFME, polo quen queira participar en probas dos Ctos. de España ou doutras comunidades autonomas terá que sacar a licenza RFME.
 
CATEGORÍA CADETE:       NACIDOS EN 1998 -1999
CATEGORÍA XUVENIL:       NACIDOS EN 2000 - 2001
CATEGORÍA ALEVIN:    NACIDOS EN 2002-03-04-05-06-07 (OBRIGATORIO TER 6 ANOS CUMPRIDOS)
 
  
Licenza "UNHA COMPETICIÓN":
 
Expedirase aos pilotos que a soliciten, cos mesmos requisitos aneriores para cada categoría e so será válida para unha competición.
 
 
 
TODOS OS PILOTOS QUE NON TEÑAN CARNET DE CONDUCIR MOTOCICLETAS DEBERAN PRESENTAR CERTIFICADO MÉDICO DE APTITUDE FISICA E FOTOCOPIA DE DNI, SO PODERAN PARTICIPAR EN PROVAS CELEBRADAS EN CIRCUITO FECHADO.


 

*LICENZA NON COMPETITIVA: ACREDITACION SEAREIROS

(DEPORTE PARA TODOS)

  

Da inquietude da maioría das Federacións Autonómicas de Motociclismo adscritas a RFME xurde a iniciativa de tratar de achegar ao deporte do motociclismo  a aquelas persoas afeccionadas que por algún motivo (económicos, por nivel de pilotaxe, etc.) non se deciden  a iniciarse neste deporte participando nas competicións. Coa finalidade de permitir aos afeccionados  introducirse no deporte de forma non competitiva as federacións autonómicas están creando licenzas a prezos mais económicos que permitan participar nas probas non competitivas, probas sociais e adestramentos autorizados polas respectivas federacións. Por este motivo a Federación Galega de Motociclismo crea a licenza non competitiva denominada SEAREIROS para participar única e exclusivamente en probas non competitivas, probas sociais e adestramentos autorizados pola Federación Galega de Motociclismo e realizados en Galicia.

 

Esta Licenza non competitiva poderá ser anual (para toda a tempada) ou para un solo evento (adestramento ou competición). Será concedida a quen a solicite e cumprimenten os trámites correspondentes (solicitude de licenza, fotocopia do DNI e do carné de conducir – obrigatorio para probas de Enduro - ou certificado médico de aptitude física, xustificante de pago e os menores ademais autorización do pai, nai ou titores) e que non quedaran entre os 15 primeiros clasificados nos Campionatos, Copas ou Trofeos Galegos de calquer categoría nos dous anos anteriores. Non puntuarán para clasificacións de Campionatos, Copas ou Trofeos.

 

SEAREIROS ANUAL: 110,00 euros (deberán inscribirse e pagar a correspondente inscrición en cada evento no que participen)

 

SEAREIROS 1/P: 25,00 euros + inscrición no evento (dependo da especialidade)

 

O tramite da licenza de SEAREIRO e a inscrición para cada evento deberá efectuarse ante a FGM (por correo, fax, correo electrónico ou persoalmente na FGM) tendo que estar toda documentación e o pago realizado antes das 12:00 h. A.M.do xoves anterior ao evento no que se inscribe.

 

 

O importe da inscrición PARA UNHA PROBA  na categoría non competitiva de SEAREIRO para participar nos eventos que coincidan con probas dos Ctos. Galegos, Trofeos ou Copas será o seguinte:

 

MODALIDADE INSCRICIÓN ACRED.1P TOTAL
ENDURO 30€ 25€ 55€
TRIAL 20€ 25€ 45€
MX-SX-QX 30€ 25€ 55€
SCOO-CLAS 30€ 25€ 55€

 

 

Aqueles que tramiten a licenza de SEAREIRO ANUAL para participar nas probas unicamente terán que pagar a FGM o importe correspondente a inscrición anteriormente detallada segundo a modalidade.

 

A licenza de SEAREIRO non é válida para participar en probas, adestramentos ou eventos que non sexan organizados ou autorizados pola Federación Galega de Motociclismo.
-

-