CIRCULAR INFORMATIVA F.G.M. Nº 3/10
SOLICITUDE APRAZAMENTO PROBA QUAD RESISTENCIA AGOLADA
Informamos que o Quad Club Agolada comunicou a imposibilidade de celebrar na data prevista do 4 de xullo a competición de Quad Resistencia, motivado a que as intensas chuvias caidas no inverno provocaron a subida do nivel da auga do embalse de Portodemouros, situado nas proximidades dos terreos polos que estaba previsto que trascurrira a proba e que se atopan anegados.
Solicitaron a FGM o aprazamento da proba e quedaron en propoñer unha nova data para a sua celebración, que en canto sexa comunicada a esta Federación será sometida a Comisión Delegada para a sua aprobación se procede.
O que comunicamos para xeral coñecemento, especialmente para o de aqueles pilotos que tiñan previsto participar na referida proba.
|